Deus é un Deus de Vivos e non de Mortos!!!
Como discípulos de Resucitado cremos na vida antes e despois da morte.
O Encontro co Resucitado, o Deus da Vida, na oración, e na Palabra, na eucaristía e no perdón, fai que teñamos paixón pola Vida digna de ser vivida antes da morte. Porque no xuízo se nos valorará polo que fixemos con cada un dos que a súa vida foi pisada.
O encontro co Resucitado, na oración e na Palabra, na eucaristía e no perdón, fará que creamos na Vida despois da morte. Porque o encontro co Vivinte transcende o tempo.
Ollade este vídeo.
Eu descubrin preparando o domingo que esta fermosa canción de Loreena Mckennit é "A Noite Escura" de S. Xoán da Cruz.
E se queredes a versión cantada en Castelán.
E se queres simplemente lida en castelan.
Xa sexa cantada en inglés, subtitulada ou recitada é unha fermosa poesia.
ResponderEliminar