Mirar máis aló e manter a esperanza
El
empezoulles a dicir:
Estade
atentos, para non vos extraviar. Porque han vir moitos no meu nome,
dicindo: "son eu" e "está a chega-lo momento",
pero non os sigades. Cando oiades falar de guerras e desordes, non
vos asustedes; que iso ten certamente que acontecer primeiro, pero
aínda non será a fin.
Este texto no medio do evanxeo do domingo 33º do Tempo ordinario C, axúdanos a non ser catastrofistas, ou milenarista. Axúdanos a ter esperanza. A desgracia non será a fin. Porque a fin da Historia, do que con tanto amor Deus creou non pode ser a desgraza, o desorde.
Seguindo ao profesor John Dominic Crossan en "Cuando oreis decid: Padre nuestro..." Sal terrae, podemos decir que no evanxeo de Mateo se fala da fin, pero non se usa "kosmos" mundo, senon "aión" era.
Polo que cremos, esperamos e amamos o feito de que o desastre, a desgraza, e a violencia non será a fin do mundo, senon a fin dunha era. Porque a victoria é de Cristo, o Año.
Polo que nós non debemos tomar partido por ningún deses métodos membres agardamos a manifestación total de Cristo. Non debemos confiar na violencia, no poder, no éxito, nin o materialismo, que foron a tentacións que Xesús rexeitou xa na súa vida mortal, manifestado de xeito resumido nas tentacións do deserto, a purificación do que sería o Mesías, o Unxido, o Agardado.
Se non queremos oscurecer esta alborada ou atrasala (xa, pero aínda non) temos que seguir construíndo desde outro modelo de relación con todo o Creado, a preciosa e máis preciada obra do Pai.
Para o momento actual podes mirar este video.
Ningún comentario:
Publicar un comentario