domingo, 8 de decembro de 2013

Re-Párate
 
No noso segundo domingo do Advento, somos invitados a contemplar a María Inmaculada.
 
A 1ª Lectura da Solemnidade da Inmaculada nos di así: "despois de que Adán comera da árbore que Deus lle prohibira comer, Deus saíu e pregúntoulle: Onde estás, Adán?"
 
Dende o inicio a Palabra nos mostra a Deus, na procura do que buscou outros camiños de felicidade.
 
Deus SAE AO NOSO CAMIÑO.
 
María é o medio polo que este Deus sae ao noso camiño.
 
O evanxeo nos di que o Anxo entrou onde estaba María e díxolle: "Alégrate, chea de graza, pois o Señor está contigo!" "Non teñas medo María"
 
Deus tomou por enteiro a María. Non había sitio para o pecado nela.
 
Un alumbramento se deu en María, por iso a invitación á Ledicia.
Como as mulleres que foron ao sepulcro, na mañá da Pacua, escoitaron "alegrádevos, O Señor Vive" "Non teñades medo"
A Pascua así como a encarnación son o triunfo da vida de Cristo sobre o pecado. Na Encarnación, Cristo nacido na carne na filla de Sión, figura da Igrexa, o pecado é vencido. Na Pascua Cristo renace sobre a morte, e o pecado foi vencido. E experimentaremos unha ledicia que non nace das cousas.
 
Unámonos a María, digamos con fe, "fágase" porque vimos e vivimos a obra de Deus, que nos RE-PARA.
 


sábado, 30 de novembro de 2013


Unha luz que nos alumea
 
Señor, neste Advento, quero acender unha luz.
Unha luz que queza o meu ser
Unha luz que alumee o meu camiñar.
Unha luz que alongue o meu horizonte.
Unha luz que me faga ver.
Unha luz
A túa luz.
Ti
Porque Ti, Señor, es a miña
LUZ

venres, 29 de novembro de 2013

Advento 2013
 
Comezamos un novo tempo para que Deus faga obras grandes en nós como en María
 
Deus sae ao noso encontro, ao noso camiño, ao camiño polo que o home transita, a Historia. E na historia, nas nosas historias el falaranos.
 
Polo que as actitudes que vos invitamos a pór en acción son as seguintes.
 
PÁRATE.
 
Moitas veces vivimos moi centrados en facer, facer cousas, en ser eficientes. Todo ten que ser rápido, e en abundancia.
Esquecémonos de ser.
Cómprenos deternos, pararnos e deixar tempo ao silenzo para que o noso interior no fale. Preguntarnos
 
Para que vivo? Que sentido ten o que fago e con que sentido o fago?
 
Deus sae ao teu camiño, e pídeche que te pares.
 
Terás o coraxe de pararte?
 
fr
 
 
RE-PÁRATE
 
PRE-PÁRATE
 
COM-PÁRATE

mércores, 13 de novembro de 2013

Mirar máis aló e manter a esperanza
 
El empezoulles a dicir:
 Estade atentos, para non vos extraviar. Porque han vir moitos no meu nome, dicindo: "son eu" e "está a chega-lo momento", pero non os sigades. Cando oiades falar de guerras e desordes, non vos asustedes; que iso ten certamente que acontecer primeiro, pero aínda non será a fin.
Este texto no medio do evanxeo do domingo 33º do Tempo ordinario C, axúdanos a non ser catastrofistas, ou milenarista. Axúdanos a ter esperanza. A desgracia non será a fin. Porque a fin da Historia, do que con tanto amor Deus creou non pode ser a desgraza, o desorde.
 
Seguindo ao profesor John Dominic Crossan en "Cuando oreis decid: Padre nuestro..." Sal terrae, podemos decir que no evanxeo de Mateo se fala da fin, pero non se usa "kosmos" mundo, senon "aión" era.
 
Polo que cremos, esperamos e amamos o feito de que o desastre, a desgraza, e a violencia non será a fin do mundo, senon a fin dunha era. Porque a victoria é de Cristo, o Año.
 
Polo que nós non debemos tomar partido por ningún deses métodos membres agardamos a manifestación total de Cristo. Non debemos confiar na violencia, no poder, no éxito, nin o materialismo, que foron a tentacións que Xesús rexeitou xa na súa vida mortal, manifestado de xeito resumido nas tentacións do deserto, a purificación do que sería o Mesías, o Unxido, o Agardado.
 
Se non queremos oscurecer esta alborada ou atrasala (xa, pero aínda non)  temos que seguir construíndo desde outro modelo de relación con todo o Creado, a preciosa e máis preciada obra do Pai.
 
Para o momento actual podes mirar este video.
 
 


martes, 5 de novembro de 2013


Deus é un Deus de Vivos e non de Mortos!!!


Como discípulos de Resucitado cremos na vida antes e despois da morte.

O Encontro co Resucitado, o Deus da Vida, na oración, e na Palabra, na eucaristía e no perdón, fai que teñamos paixón pola Vida digna de ser vivida antes da morte. Porque no xuízo se nos valorará polo que fixemos con cada un dos que a súa vida foi pisada.

O encontro co Resucitado, na oración e na Palabra, na eucaristía e no perdón, fará que creamos na Vida despois da morte. Porque o encontro co Vivinte transcende o tempo.

Ollade este vídeo.

Eu descubrin preparando o domingo que esta fermosa canción de Loreena Mckennit é "A Noite Escura" de S. Xoán da Cruz.

E se queredes a versión cantada en Castelán.



E se queres simplemente lida en castelan.

mércores, 30 de outubro de 2013

Que será dos meus netos?

A pobreza non é só a falla de cartos ou de bens de consumo.















É a destrucción da autoestima persoal.

O ataque e desgaste das redes familiares.

A sensación de cascallo social.

martes, 29 de outubro de 2013

Tódolos Santos

 
O curso pasado o Equipo de Liturxia da parroquia estivemos estudando a Encíclica Evangelii Nuntiandi de Paulo VI. E estamos rematando de facelo ao inicio deste novo curso.
E estamos disfrutando do fermosísimo último capítulo.
 
Que é ser evanxelizador/a?
 
O Papa propón a santidade como único camiño.
 
Nº 76. párrafo3 e 4
 
"Nos les decimos a todos: es necesario que nuestro celo evangelizador brote de una verdadera santidad de vida y que, como nos lo sugiere el Concilio Vaticano II, la predicación alimentada con la oración y sobre todo con el amor a la Eucaristía, redunde en mayor santidad del predicador .
 
radójicamente, el mundo, que a pesar de los innumerables signos de rechazo de Dios lo busca sin embargo por caminos insospechados y siente dolorosamente su necesidad, el mundo exige a los evangelizadores que le hablen de un Dios a quien ellos mismos conocen y tratan familiarmente, como si estuvieran viendo al Invisible . El mundo exige y espera de nosotros sencillez de vida, espíritu de oración, caridad para con todos, especialmente para los pequeños y los pobres, obediencia y humildad, desapego de sí mismos y renuncia. Sin esta marca de santidad, nuestra palabra difícilmente abrirá brecha en el corazón de los hombres de este tiempo. Corre el riesgo de hacerse vana e infecunda."
 
 

Seguidores