domingo, 8 de decembro de 2013

Re-Párate
 
No noso segundo domingo do Advento, somos invitados a contemplar a María Inmaculada.
 
A 1ª Lectura da Solemnidade da Inmaculada nos di así: "despois de que Adán comera da árbore que Deus lle prohibira comer, Deus saíu e pregúntoulle: Onde estás, Adán?"
 
Dende o inicio a Palabra nos mostra a Deus, na procura do que buscou outros camiños de felicidade.
 
Deus SAE AO NOSO CAMIÑO.
 
María é o medio polo que este Deus sae ao noso camiño.
 
O evanxeo nos di que o Anxo entrou onde estaba María e díxolle: "Alégrate, chea de graza, pois o Señor está contigo!" "Non teñas medo María"
 
Deus tomou por enteiro a María. Non había sitio para o pecado nela.
 
Un alumbramento se deu en María, por iso a invitación á Ledicia.
Como as mulleres que foron ao sepulcro, na mañá da Pacua, escoitaron "alegrádevos, O Señor Vive" "Non teñades medo"
A Pascua así como a encarnación son o triunfo da vida de Cristo sobre o pecado. Na Encarnación, Cristo nacido na carne na filla de Sión, figura da Igrexa, o pecado é vencido. Na Pascua Cristo renace sobre a morte, e o pecado foi vencido. E experimentaremos unha ledicia que non nace das cousas.
 
Unámonos a María, digamos con fe, "fágase" porque vimos e vivimos a obra de Deus, que nos RE-PARA.
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Seguidores